Songtexte.com Drucklogo

Criptozooloxía aplicada Songtext
von Ataque Escampe

Criptozooloxía aplicada Songtext

De entre todos os funestos animais,
Desconfía das palabras e das contas:
Pódeche saír moi caro publicar
A descuberta do animal con roupa.

E o cinismo é unha liña editorial
Na que nunca colle a criptozooloxía,
Porque alerta sobre os xeitos de cazar
E aínda por riba fala doutras formas de vida.

E se vas ao Lago Ness
Ten coidado de te ver no
Espello das augas turbias dos outros.

E se ves a Santa Claus
Saúdao sempre ao pasar:
é importante a paz entre os monstros.

Criptozooloxía aplicada
á túa miserábel condición humana.
Que lento pasa o tempo para a especie, que rápido o amor.


De entre toda a camuflaxe de arredor,
Busca sempre a humidade e a quentura.
Non pretendas poder escapar da dor
Pero enlámate en estrañas aventuras.

Por exemplo faite mozo de King Kong
E desfruta da vertixe das alturas.
Dalles de hostias a todos os avións.
Morre sangrando pola pel das túas
Musas.

E se vas ao Lago Ness
Ten coidado de te ver
No espello das augas turbias dos outros.
E se ves a Santa Claus (agora vou rectificar),
Dispara antes de que se arme o monstro.

Criptozooloxía aplicada
á túa miserábel condición humana.
Que lento pasa o tempo para a especie, que rápido o amor.

Criptozooloxía aplicada
á túa miserábel condición humana.
Que lento pasa o tempo para a especie, que rápido o amor.

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Ataque Escampe

Fans

»Criptozooloxía aplicada« gefällt bisher niemandem.