Territorios Songtext
von Tenue
Territorios Songtext
Agora que sabemos que todos os camiños
Que construímos foron erixidos sobre cadáveres
Agora que entendemos que erguemos a cada tirano
Que nos someteu baixo o fascio e a espada
Agora que aceptamos que fomos nós xs
Que alzamos os muros que comprimiron os nosos tórax
Sepultando os nosos corazóns...
Decidimos encomendar a nosa existencia á súa destrución
Ata que, dentro de nós, cada deserto se converta en oasis
Cada ferida en fervenza e cada bágoa en torrente
Pero as palabras so debuxan arquitecturas efémeras
Abstraccións que se dispoñen no inconsciente
Que defender? Por que loitar?
Incapaces de articular narrativas emancipadoras
Adictxs ao son que fan as nosas cadeas ao camiñar
Apenas se ven luces entre a néboa
Apenas algúns berros ao lonxe!
Como topar liñas de fuga nun discurso circular?
A memoria muscular da dominación, a ideoloxía como abstracción delimitadora...
Precisamos novos marcos teóricos!
Territorios que repoboar, zonas a defender
Realidades que nos permitan coidarnos e protexernos da miseria perceptible
Da reprodución incansable da violencia da posmodernidade
Lugares onde arrolar a nosa fraxilidade pra facernos fortes
Descender ao máis profundo, escavar ata que sangren as mans
Ata que as gretas broten nas paredes do noso peito - e facer palpable o intanxible
E tal vez así, atopemos - por fin - bosques que nos envolvan e mares que nos bañen
E articulemos unha defensa feroz do noso interior
Unha política de guerra contra o baleiro!
Unha firme convicción de colmarnos de alegrías!
Armar os nosos afectos con fereza
Formar barricadas nos brazos de quen nos ama
RESISTIR
Derramar velenos na vida líquida - no discreto puñal do tempo
Da escravitude asalariada, das proxeccións asimétricas do ego...
E conquistar as nosas soidades, os nosos silencios, os nosos fracasos
Abrazar os territorios da nosa vulnerabilidade
E enchelos de flores, e enchelos de froitos
Resoará o vento, retumbarán nos nosos ouvidos ecos de voces esquecidas no tempo
E dende o fondo do noso abismo
Reescribiremos a topografía do mundo
Con liñas que aínda non foron formuladas
Coas palabras que se nos atragoaron
Os amores bos e o imperfectible da nosa humanidade
E DESFACER TODO PRA REFACER TODO
Deixar que caian os monumentos que construímos
Pra conmemorar todo o dano que causamos
Toda a dor que infliximos, as feridas que fixemos
Que a chuvia limpe o sangue e o musgo devore a pedra!
E así aprendamos a habitarnos e habitar este mundo
Pra deter os precipicios que se achegan
E frear os que xa existen, destruír os que xa existen
Porque unha pulsión devastadora
Unha paixón que nos desborda
Empúrranos a vivir
Porque todas as vidas que fomos
Todas as vidas que levamos dentro
Apertan cunha vontade desesperada
Que non nos permite agardar mil anos máis
A que todo cambie
A que todo estoupe
E se desvaneza esta necesidade
Insoportable
De controlalo todo
De erixir fronteiras
E conformar estados
Dentro e fóra de nós
Por iso, escribiremos de novo a historia
Nas linguas que elxs prohibiron
E fixeron desaparecer
E retomaremos a felicidade
Como único valor para medir
A dignidade da nosa existencia

Writer(s): Tenue Tenue Lyrics powered by www.musixmatch.com