Songtexte.com Drucklogo

Fala de mel Songtext
von Sés

Fala de mel Songtext

Un impulso primario
Un tifón libertario
Unha fábula real
Un tesouro sumario
Aprendiz de corsario
Insolente e leal
O antídoto que calma
Esas dores da alma
Un fartarte de rir
A ortodoxia sen regras
Que nas horas negras
Prende candeas pra ti
É muller e nena
É fala de mel
Unha nobre impostora
Eterna desertora
A ilusión do cotián
O caos do sistema
Cada día un lema
Cada verba un irmán


A psicose intensiva
Fondura máis viva
Un sentir a pracer
As mulleres que cantan
E as que se levantan
Danlle a vida un porqué
É muller e nena
É ferro e papel
É grande e pequena
É fala de mel
Ten a lúa cordura
Maxia da locura
Deste mundo marrón
En sublime mestura
Descaro e tenrura
Tinxen todo de cor
O vermello na estrela
O lila das xubela
Do seu mar un azul
Dese mar do que veu
E que nunca esqueceu
E a chama desde o sur
É muller e nena
É ferve papel
É grande e pequena
É fala de mel

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Sés

Fans

»Fala de mel« gefällt bisher niemandem.