Songtexte.com Drucklogo

Neve Songtext
von Ruxe-Ruxe

Neve Songtext

A min, que chamei ás portas do inferno,
A min, que camiñei pola corredoira escura,
A min, que falei coas pantasmas máis macabras,
A min, que arrepío a cada hora, a cada intento.


Dáme inverno, dáme o teu vento ferido,
E dáme inferno, dáme o teu lume prendido,
Dáme ascuas, que quenzan os meus pecados
E dáme neve para o meu corazón ... xeado.

E fan múltiples formas hoxe as nubes no ceo,
E ti pasmas a mirar con ese vello catalexo,
E xa sei o que andas a buscar máis alá da estratosfera
Pero canto máis te achegas, esa luz máis se alonxa.

E aquí abaixo entre a terra, entre raíces e miñocas,
Estou xordo coma unha tapia e non escoito esas notas,
E mergullo entre corais no fondo azul do océano,
Estou espido e fico quieto, non sinto nada e teño medo.

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Ruxe-Ruxe

Fans

»Neve« gefällt bisher niemandem.