Songtexte.com Drucklogo

Conxuro Songtext
von Mägo de Oz

Conxuro Songtext

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas
Demos, trasnos e diaños, espíritos das nevoadas veigas
Corvos, píntigas e meigas, feitizos das menciñeiras
Pobres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios
Oubeo do can, pregón da morte, fouciño do sátiro e pé do coello
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida

Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando así purificadas
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fóra, participen con nós desta queimada

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Quiz
„Grenade“ ist von welchem Künstler?

Fans

»Conxuro« gefällt bisher niemandem.