Songtexte.com Drucklogo

Muller Songtext
von Fuxan os ventos

Muller Songtext

A meu gaiteriño
Ainda me acordo
Cando baixabas polo monte abaixo
E viñasme ti dicindo

Bota carne no pote, Marianiña
Bota carne no pote, Marianá
Un molete enteiro. enservelletado
Unha bota con viño, chupáená!

Muller, fartura de loita
Qué che hei decire eu, muller?!
Ti és coma a terra nosa
E a terra é coma ti é!

Deixeivos a entrambas soias
Anque convosco quedei
Valeira está a terra, morna
Ti, sementada, abofé

Valeira está a terra, morna
Ti, sementada, abofé.


E o vento decia
Pronto hai de volver!
Pra tira-la fame, pra poder comer...

E o vento decia
Pronto hai de volver!
Pra tira-la fame, pra poder comer...

Ai, muller, cántas noitiñas
Te deitaches coa tristura?
E o vento, ainda che traguía
As novas dos que marmuran

E o vento decia
Pronto hai de volver!
Pra tira-la fame, pra poder comer...
E o vento decia

Ti és o milagre da terra
E, a terra é un milagre teu
Mistura de mel e cerna
De fera e de anxo do ceo

Pariches de pé o fillo
Como fan no mente as bestas
E hoxe que volto vencido
Para que eu venza ti te deitas


O voltar, qué che hei decir?!
Maldito o día e a hora
En que te deixei aquí
Pra percurar vida fora!
O inverno da emigración
Roubóunos a primavera
Quén eu era, xa non son
E ti non és a que eras!
Xa poden os leiros dar
Colleitas ben abondosas
Poden en Madrí falar
Con palabras ben fermosas
Que nunca nos han de pagar
A nosa fame de outrora!

E O VENTO DECíA
PRONTO HEI DE VOLVER
PRA TIRA-LA FAME
PRA PODER COMER

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Fuxan os ventos

Fans

»Muller« gefällt bisher niemandem.