Songtexte.com Drucklogo

Comida, viño e cancións Songtext
von Boyanka Kostova

Comida, viño e cancións Songtext

Comida, viño e cancións
Só penso en churrasco, rap e porróns
Son un borracho gordo cabrón
Pregunta por min todos saben quen son
Comida, viño e cancións
Só penso en rimas, priva e lacón
No Bochinche gastando a pensión
Ca cara vermella como un patrón


O unico que penso é como facer medrar a barriga
Que lle den polo cu á tableta e a dieta deportiva
Boyanka Kostova, ten forma redonda non normativa
Que viva a comida, o viño, os amigos e as noites que se fan día
Eu fago deporte mental, teño o corpo morto son sedentario
Nun par de anos verédesme en moto de gordos vacilando polo barrio
Todo o mundo sabe que teño un estilo e un flow que son lexendarios
Coa gorra, o bigote e os psicotrópicos igual que super Mario
Gordo piquete ao subir ao escenario
Fago que un cuchitril pareza un estadio
Ter o estómago cheo é necesario
Mantenme contento se non queres un novo adversario
Rimo, como e me tallo
Casa Castro e volvo ao ensaio
Que rico está este traballo
O mesmo plan de Outubro ata Maio

Comida, viño e cancións
Só penso en churrasco, rap e porróns
Son un borracho gordo cabrón
Pregunta por min todos saben quen son
Comida, viño e cancións
Só penso en rimas, priva e lacón
No Bochinche gastando a pensión
Ca cara vermella como un patrón


Escribo, bebo e me cebo
Outro plato, non debo
Ao final o como, cómeme os huevos
Teño que cuidarme pero non quero
Con esta vida vou a palmar
Fallo hepático ou obstrucción arterial
En verdade o busco, non o vou negar
Se dou chegado a vello algo fixen mal
Esa botella estame chamando
E hoxe estou buscando problemas
Vouma beber a ver se me mato
E así remato cas miñas penas
Mentras tanto ponnos uns cantos pinchos
E xa temos a cena
Sei donde estou, pero non cando
Ando papando a escena
Quédanme apretados todos os chándals que me poñía o ano pasado
Os que me sirven inda teñen manchas de viño ou estan reventados
Todos me din que empece a ir ao gym
E eu xa nin ando, vou no chimpín
Na radio a todo rabo Pili Pampín
O sinto xente I win

Comida, viño e cancións
Só penso en churrasco, rap e porróns
Son un borracho gordo cabrón
Pregunta por min todos saben quen son
Comida, viño e cancións
Só penso en rimas, priva e lacón
No Bochinche gastando a pensión
Ca cara vermella como un patrón

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Fans

»Comida, viño e cancións« gefällt bisher niemandem.