Songtexte.com Drucklogo

Fuck the Police Songtext
von Ataque Escampe

Fuck the Police Songtext

(Hey, fuck you mate!)

A fantasía dourada da droga
Facendo cabaliños na bici, en Lalín
Rumbo a parques oxidados

Quixen ser un neno malo e non cheguei a capitán
Tan sequera nin do clube dos matados

Chupei tamén algún sopapo
Na casa e mais no patio non daban nin bicos nin abrazos
Agora os gánsters aténdencheme
Na tele cando falan os da escola de Chicago

Porén nesta aldea ′tase ben, baby
Co chándal do revés coma o príncipe de Bel-Air

Rego e paso o cortacéspede
Vou buscando co bolígrafo algo que me represente
Analóxico e paciente
Son a industria do rap antes de volverse mainstream

(Está ben, está moi ben)


Uh
Como te morda
Un alacrán
Busca viño, busca pan
Que mañá te enterrarán

Uh
Como te morda
Un alacrán
Busca viño, busca pan
Que mañá te enterrarán

Mira que me divertín nas noites de saír
Daquela a miña camisola puña "Fuck the Police"
Pois si, MC, son decote introvertido
Son un deses chalés que están por fóra de ladrillo

Máis relax que unha finde nun spa
Sentímolo bailando no Kingston, no Superfly
Mestres con clase e sen discípulos
Ataque Escampe, vencedores e vencidos

Levo un anel no meu dedo maior
Que foi feito na charpela por un preso en San Simón
Non din "campos de concentración"
Nas guías de visita preparadas pola Xunta de Feijoo


Na noite brillan, como tigres na gaiola
Vin saír dous policías dun furgón
A modo de filme de Scorsese dixeron
"Control de drogas, ¿tiene algún inconveniente?"

Teño medo das pistolas, son infantil
Aquela noite xa non puiden durmir
E na miña mente, guerra civil
A miña camisola puña "Fuck the Police"
(Fuck fuck)

Uh
Como te morda
Un alacrán
Busca viño, busca pan
Que mañá te enterrarán

Uh
Como te morda
Un alacrán
Busca viño, busca pan
Que mañá te enterrarán

Tan en sitios lentos
En todos os lameiros
Un alacrán
Busca viño, busca pan
Que mañá te enterrarán

Tan en sitios lentos
En todos os lameiros
Un alacrán
Busca viño, busca pan
Que mañá te enterrarán

Uh
Como te morda
Un alacrán

Uh
Como te morda
Un alacrán

Uh
Como te morda
Un alacrán

Por iso fago versos duros
O pan que sempre nos daban no instituto

(Uh)
(Como te morda)
Non é fácil ser estúpido
(Un alacrán)

Bill Clinton co pelo branco
Sorrindo e tocando o saxo
(Tan en sitios lentos)
(Todos os lameiros)
Lisa Simpson con Manuel Caamagno
(Un alacrán)

Románticos
Somos fillos desa xeira
(Tan en sitios lentos)
(Todos os lameiros)
(Un alacrán)
Cobra Kai, Bruce Lee

(Uh)
(Como te morda)
Quen comprende as miñas penas?
(Un alacrán)
A psicóloga que cobra, pero non os meus colegas

Bruce Lee
(Uh) Agresores e agredidos, Breakdance
(Como te morda) Krilín, Yamcha, club de amigos de Ten Shin Han
(Un alacrán) Toda esa culimaña de xente vulnerable
Esta abuela no es mi padre

(Tan en sitios lentos)
(Todos os lameiros)
(Un alacrán)

Bruce Lee, Cobra Kai
Patadas na cabeza que levaba Daniel San

(Tan en sitios lentos)
(En todos os lameiros)
(Un alacrán) Cántame

Cántame coma un puto alacrán
(Uh) Meu pai
(Como te morda) Alacrán
Desde a praia de Chaián fágoche un freestyle
(Un alacrán)

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Beliebte Songtexte
von Ataque Escampe

Quiz
Wer will in seinem Song aufgeweckt werden?

Fans

»Fuck the Police« gefällt bisher niemandem.