Songtexte.com Drucklogo

Que foi? Songtext
von Acouga

Que foi? Songtext

Esquecín cando
as lembranzas tornaron
nas feridas dun amargo pasado
Pasado

Esquecín cando
os sorrisos de onte
aos poucos foron murchando
Murchando

Xa non recordo
o que era o pecado
Tampouco a ilusión
por verme realizado

Esquecín as miñas metas
que tiña debuxado
Sentinme soio
neste mundo esfiañado
Esfiañado!

Que foi o que pasou
para a chuvia tapase o sol?


Que foi o que marchou
para que deixase de baterme o corazón

e quedase sen alento
sen os folgos para seguir
correndo?

Esquecín cando
deixei de verme no espello
cos ollos daquel neno

Esquecín cando
a vida quixo facerme forte
a base de golpes

A base de golpes

A base de golpes

Esquecín cando
deixei de verme no espello
cos ollos daquel neno

Esquecín cando
a vida quixo facerme forte
a base de golpes


Xa non recordo
o que era o pecado
Tampouco a ilusión
por verme realizado

Esquecín as miñas metas
que tiña debuxado
Sentinme soio
neste mundo esfiañado
Esfiañado!

Que foi o que pasou
para a chuvia tapase o sol?

Que foi o que marchou
para que parase de deixase o corazón
e quedase sen alento
sen os folgos para seguir
correndo?

Que foi o que me fixo
de socato facerme maior?

Que son agora mesmo
se sigo asustado
polos recordos do pasado?

Que foi?
Que foi?
Que foi o que pasou?
Que foi?
Que foi
o que fixo que tapase o sol?
Que foi?
Que foi?
Que foi o que pasou?
Que foi?
Que foi
o que fixo que quedase sen alento?

Songtext kommentieren

Log dich ein um einen Eintrag zu schreiben.
Schreibe den ersten Kommentar!

Quiz
Wer will in seinem Song aufgeweckt werden?

Fans

»Que foi?« gefällt bisher niemandem.